jueves, noviembre 21, 2024
InicioO PaísA CoruñaMorre un sexaxenario por unha paliza do seu fillo de 26 anos...

Morre un sexaxenario por unha paliza do seu fillo de 26 anos en Narón

Morreu finalmente este luns pola tarde no hospital de Ferrol como consecuencia da brutal paliza que supostamente lle propinou o seu fillo de 26 anos o domingo, 31 de marzo, pola tarde, entre as 15.00 e as 16.00 horas.

Un pai, duns 67 anos, tería recibido reiteradas patadas na cabeza por parte do seu fillo, así como outras lesións de violencia extrema. O home ingresou o domingo na UCI e morreu este luns pola tarde.

O fillo non era un delincuente habitual pero si lle constaban antecedentes «de pouca importancia». Segundo fontes da investigación podería ter sufrido unha especie de «enaxenación mental» xa que despois de brutal paliza repetía unha e outra vez que o seu pai «merecía a morte».

O fillo acolleuse ao seu dereito a non declarar, asistido por un avogado de oficio. Foi citado declarar un familiar para tratar de aclarar os feitos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS