domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasUn terremoto sacude Mondariz sen apenas ser sentido pola poboación

Un terremoto sacude Mondariz sen apenas ser sentido pola poboación

O epicentro no lugar de Caxil, ás 23.31 horas do venres

A terra tremeu en Mondariz, pero a poboación non o sentiu. Foi na contorna do lugar de Caxil, ás 23.31 horas do venres día 29. Rexistrouse a 17 km de profundidade e tivo unha magnitude de 2 mbLg, segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

Tamén houbo dous tremores na provincia de Ourense. O primeiro sismo rexistrouse o sábado sobre as 20 horas en Xunqueira de Ambía, en superficie e cunha magnitude 1,7. Horas despois, ás 4.28 horas da madrugada do domingo, outra sacudida tivo lugar en Padrenda, a 23 quilómetros de profundidade e de magnitude 1,8.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS