sábado, noviembre 23, 2024
InicioConcellos +As NevesVarias comunidades de montes encontra dun novo parque eólico no Condado

Varias comunidades de montes encontra dun novo parque eólico no Condado

Queren impulsar a aproveitamento eólico "Coto dos lobos"

As directivas das comunidades de montes de Vilacoba (Salvaterra) e as das Neves–San Pedro de Batalláns, Taboexa, Rubiós, San Xosé e Santiago de Ribarteme– reuníronse ao coñecer a posibilidade de impulso do parque eólico «Coto dos Lobos», no monte Sanomedio. Este proxecto saíu á luz no ano 2021 cando os concellos recibiron consulta sobre o documento ambiental de inicio. Neste período de consultas as comunidades e o Concello das Neves presentaron alegacións en contra do proxecto que implicaría instalar 7 aeroxeradores de 220 metros de altura na contorna do monte Sanomedio. “Tendo a poboación máis próxima a só 504 metros, cos seus enormes viais de acceso, liñas eléctricas de interconexión, entre outras problemáticas, a afectación sería brutal sobre o medio natural, patrimonial, turístico, hídrico, paisaxístico e cultural”, afirman.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS