Nova data da que nin o propio ministro de Transportes, Óscar Puente, se fía xa. Despois de numerosas datas de previsión de entrega incumpridas, o ministro de Transportes anunciou este luns a nova data trasladada por Talgo, pero o ministro recoñece os numerosos incumprimentos coa entrega no último ano e medio e aclara que é a data que lle trasladan a él.
Unha vez sexan entregados os trens da serie 106 (AVRIL) dos que está pendente Galicia, Renfe precisará uns 15 días de probas antes de incluílos na súa oferta comercial aos pasaxeiros.
Talgo ten pendentes de entregar 11 convois de ancho variable, que son os que poden circular por toda a rede interior galega. Haberá que agardar ao vindeiro luns para ver se desta vez Talgo cumpre coa data.