A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xoves xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de ata 12.000 euros no caso de particulares, empresas e asociacións e de 40.000 euros no dos concellos.
Máis de 1,6 millóns de euros para a conservación e posta en valor dos parques naturais de Galicia
A Xunta convoca unha nova orde de axudas para financiar actuacións e proxectos nas Fragas do Eume, Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Monte Aloia, Serra da Enciña da Lastra, Baixa Limia-Serra do Xurés e O Invernadeiro