domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia ten 45 persoas en UCI tras unha suba de ingesos COVID

Galicia ten 45 persoas en UCI tras unha suba de ingesos COVID

Galicia ten 3.015 infectados por coronavirus contabilizados. Superou esta fin de semana a barreira dos tres milleiros. Hoxe hai 1 positivo menos ca onte pero os hospitalizados soben a 214: 169 (+11) en planta e 45 (-1) en UCI.

Estabilidade nos infectados con respecto a onte pero ascenso nas hospitalizacións. O Sergas notifica 3.015 persoas diagnosticadas de covid-19 en Galicia, unha menos ca onte, logo de 159 novos positivos, 141 confirmados a través dunha proba PCR.

Por áreas sanitarias a repartición de casos quedaría así:

Vigo: 878 (+4)

A Coruña: 733 (-5)

Pontevedra: 485 (+4)

Santiago: 341 (-2)

Ourense: 257 (+2)

Lugo: 204 (-2)

Ferrol: 117 (-2)

Hai 10 persoas hospitalizadas máis respecto a onte: 169 en planta (+11) e 45 nas UCI (-1).É a cifra de hospitalizados máis elevada dende o 5 de abril.

Onte o Sergas non comunicou ningún falecemento, polo que a cifra global de vítimas no país do que vai de pandemia é de 2.382 persoas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS