A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, visitou este martes este espazo protexido do litoral de Ribadeo, que conta cun plan de conservación desde 2015 que limita o aforo nas épocas de máis afluencia turística para velar pola integridade desta formación xeolóxica.
A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia
Especialmente de monumentos como a praia das Catedrais, que neste momento conta xa con preto de 13.700 reservas para poder visitala nesta Semana Santa