En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, a unidade teatral da Xunta de Galicia continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, apostan polo futuro poñendo o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega contemporánea.
O CDG celebra 40 anos con 15 espéctaculos, máis de 100 concellos e 10 países
O Centro Dramático Galego conmemora este 2024 os 40 anos da súa fundación como a compañía pública de teatro de Galicia desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América.