O encontro impulsou a confluencia da investigación científica e da xestión do monte en Galicia e Norte do Portugal, pois o evento contou con investigadores, propietarios forestais, empresas de servizos forestais e aserradoiros de transformación da madeira.
As conclusións do evento apuntan á necesidade de proseguir os esforzos en mellora xenética, unida a unha silvicultura dirixida a obter madeira de maior calidade e que sexa máis rendible para os propietarios.