Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 41 persoas debido a 37 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas.
A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 68 % e do 32 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30 % dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.
Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 16 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.