domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidade"A prórroga dos orzamentos estatais condena a Galicia"

«A prórroga dos orzamentos estatais condena a Galicia»

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a prórroga de Presupostos Xerais do Estado (PXE) vai facer que Galicia “reciba de novo o peor orzamento do Estado dos últimos anos” e asegura que terá repercusións en servizos esenciais “coma a sanidade, as infraestruturas ou o pago a provedores”

Unha situación que fai que a comunidade galega seguirá recibindo a metade do investimento territorializado que Cataluña.

Rueda lamentou que o Goberno central “renuncie” a intentar sacar adiante os orzamentos de 2024, logo da convocatoria de eleccións en Cataluña, e advirte que isto “ten consecuencias e ningunha beneficiosa para as comunidades”. Ademais, asegurou que amosa as diferencia entre o Goberno autonómico galego que aposta por “ter os orzamentos aprobados para logo convocar eleccións” e o estatal, onde apostan pola “ausencia de presupostos”.

Na mesma liña, o conselleiro de Facenda e Administración Pública en funcións, Miguel Corgos, asegurou que tal e como se desprende dun informe hoxe avaliado polo Consello, a falta de orzamentos no Estado “causa incertezas, falta de estabilidade e merma de recursos nas comunidades”. Corgos urxe ao Goberno central a actualizar canto antes as entregas a conta pois as CC.AA. están a recibir os mesmos importes que no ano 2023 e non as comunicadas polo propio Ministerio en decembro pasado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS