Durante a súa intervención no almorzo-coloquio ‘Un plan de futuro industrial para As Pontes e Galicia’, Rueda salientou que as enerxías verdes son “unha enorme oportunidade”, e que Galicia conta coas condicións para situarse nunha “posición envexable” no seu desenvolvemento, grazas á súa situación xeográfica, aos seus recursos naturais e á súa estabilidade política.
Rueda aposta por aproveitar as oportunidades da transición enerxética
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, apostou por hoxe por aproveitar as oportunidades da transición enerxética e as enerxías verdes, en tanto considerou que é compatible a actividade económica e a sustentabilidade.