Nesta achega, Cristina Cabana, formadora da empresa Ancaria, impartiu unha charla sobre que é a compostaxe, como compostar, que produtos e materiais podemos verter nos composteiros e por último como montalos de xeito eficiente.
Esta acción súmase a outras de información e edición de folletos e guías que formaron parte da campaña de compostaxe doméstica #acañizacoidadaesostible.
A Cañiza reparte 55 novos composteiros entre a veciñanza
Súmanse ás 75 unidades entregadas anteriormente, sendo xa 130 os composteiros para a reciclaxe de residuos orgánicos en vivendas unifamiliares do rural