martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasO CondadoUn dos puzzles máis grandes do mundo, en Salvaterra de Miño

Un dos puzzles máis grandes do mundo, en Salvaterra de Miño

As persoas que visiten o Parque Público A Canuda poderán gozar dun dos puzzles máis grandes do mundo, con 33.600 pezas.

Este puzzle, que é un dos máis grandes, está exposto nas aulas do recinto e que ata o ano 2017 era o máis grande. Agora mesmo, atópse entre os 5 de maior tamaño do mundo. «Vida salvaxe» é o seu nome e a partir deste xoves estará exposto nas instalacións do Parque de A Canuda, cedido temporalmente pola veciña Mónica Cabaleiro Álvarez, natural da Parroquia de Leirado.

Aproveitando os meses do confinamento, Mónica comezou a montalo o 6 de abril de 2020 e rematouno en marzo deste ano. Aproveitaba todas as horas de sol para, peza a peza, darlle forma a este xigante salvaxe. De case un ano que lle levou rematalo, Mónica fixo a metade do puzzle en dous meses, baixando a intensidade unha vez que se levantou o confinamento para continuar traballando pouco a pouco ata por fin rematalo.

O puzzle mide 1,77m x 570cm e pesa case 20kg. É o segundo máis grande do mundo dunha soa imaxe, que foi dexeñada en exclusiva por un ilustrador, feito a medida e a escala soamente para este deseño.

Mónica cede temporalmente «moi orgullosa», asegura, o seu traballo para que todas as persoas poidan contemplar as grandes imaxes e o seu traballo. Ao mesmo tempo, xa nos adianta que se está a preparar para facer o anterior a este en tamaño, con 24.000 pezas, para despois pasar ao máis grande do mundo que hai agora mesmo e que conta con 42.000 pezas; este último mide 8m de longo co cal proximamente  ampliaremos a exposición.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS