Entre o venres 23 e o sábado 24, O SERGAS cita a 7.600 persoas para retomar a vacinación na Área Sanitaria de Vigo
Nos próximos dous días Sanidade reanudará o proceso de vacinación masiva contra a COVID-19 no IFEVI coa convocatoria de 7.600 persoas. Así, no venres 23 están citadas 4.600 persoas coa idade comprendida entre os 60 e 65 anos, ás que se lle administrará a dose de AstraZeneca, e no sábado 24 invitarase a 3.000 persoas de entre 70-79 anos, que recibirán o soro de Pfizer.
Segundo os datos do SERGAS, en canto ao balance da vacinación dos pasados días 20 e 21 no Ifevi, das 12.600 persoas citadas acudiron 10.634. O que supón unha porcentaxe de participación de 84,4%.
En total, Sanidade ten preparadas 25.968 doses da vacina contra o virus para este venres. Das vales, 22.000 son de AstraZeneca, 2.178 de Pfizer, 1370 de Janssen e 420 de Moderna co fin de inoculalas nas sete áreas sanitarias de Galicia.