Logo de observar os documentos facilitados polo denunciante, compróbase que existen distintos gastos nun local de diversión da zona e varias retiradas de caixeiro en efectivo que recoñece como súas.
Seguindo unha liña de investigación destes cargos efectuados, identifícase a un mozo, natural do Grove con numerosos antecedentes por delitos de estafa.
Constátase que este home frecuentou o local mencionado, lugar no que sospeita o denunciante que puido facerse cos datos da súa tarxeta bancaria.
A través das manifestacións de testemuñas e probas obtidas, cando ambos protagonistas se atopaban no local, nun descoido do denunciante, o mozo realizou unha fotografía á tarxeta deste, obtendo así os datos da mesma e realizando numerosos gastos ao longo deses meses.
Localízase e detense a esta persoa como presunto autor dun delito de estafa e remítense as dilixencias ao Xulgado de Garda de Sanxenxo
Detido un veciño do Grove por un presunto delito de estafa bancaria
Foi o 29 de decembro cando un varón denunciou na Garda Civil de Sanxenxo un cargos que se lle realizaron coa súa tarxeta bancaria que sumaban máis de 30.400 euros