Faltaban apenas uns minutos para as nove desta mañá cando o 112 Galicia recibiu un aviso por un home inconsciente na Barreira, en Ponteareas. Segundo explicou o alertador, foi golpeado por unha árbore que estaba cortando nunha leira situada na parroquia ponteareana de Xinzo.
Engadiu que non lle respondía e precisaba asistencia sanitaria urxente. Así pois, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha dotación ao punto a bordo do helicóptero con base en Ourense. Sen embargo, todos os esforzos foron inútiles, pois o home resultou falecido.
Ademais dos sanitarios, neste operativo interviñeron os axentes da Policía Local e da Garda Civil co fin de recoller toda información sobre o que acontecera.