martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO Sergas convoca a 6.000 porriñeses a un cribado

O Sergas convoca a 6.000 porriñeses a un cribado

As probas PCR faranse o vindeiro domingo no polideportivo municipal e mañá no Concello celébrase unha comisión de seguimento da Covid

A alcaldesa do Porriño Eva García vén de convocar para este venres, 23 e abril, ás 11.00 horas, unha reunión da Comisión Municipal de Seguimento da Covid na que se abordarán as últimas novidades entre as que figura a realización dun cribado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para o cal se convocará a 6.000 persoas, a que acudan a realizarse unha proba PCR este domingo 25 no pavillón nº2 do polideportivo municipal.

A rexedora local anima á veciñanza a participar neste cribado para contribuir á localización de posibles asintomáticos. Eva García agarda a colaboración da cidadanía xa que os últimos cribados convocados polo Sergas na área de Vigo están a ter moi baixa participación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS