Axentes da Garda Civil recuperan o corpo sen vida dunha muller no río Xallas, en Dumbría
O 112 Galicia contactou coa compañía encargada da xestión da presa do Xallas co fin de conter o caudal y facilitar o rescate do cadáver. Esta operación levouse a cabo a primeira hora da mañá deste luns, aínda que a recuperación do corpo non foi posible ata pasadas as once de hoxe. Pola súa parte, a Garda Civil continúa coas investigacións necesarias relativas a este suceso, do que o 112 Galicia tivo coñecemento nas últimas horas a través das forzas da orde.
Unha muller faleceu en Agolada logo de ser alcanzada por un camión
O camioneiro sentiu un impacto, pero tardou en darse conta que era unha persoa e non un animal debido á néboa mesta. Ocorreu pouco antes das cinco desta madrugada, segundo explicou o condutor do camión a través da súa chamada de alerta ao 112 Galicia.
Coa chegada dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que recibiron o aviso por parte dos xestores do 112, confirmouse que se trataba dunha muller nova, que xacía xa sen vida. Así pois, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron confirmar o falecemento.
Un operario perde a vida en Vilanova tras quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira
A vítima foi liberada de inmediato, pero nada puido facerse por ela. De feito, foi un familiar que traballaba co falecido quen o sacou e que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Pasaban apenas dez minutos das oito desta mañá, e a súa comunicación permitiu activar os protocolos correspondentes para a mobilización de recursos de salvamento, rescate e asistencia médica.
Unha muller foi localizada sen vida na Praia de Bimbieiro, en Ortigueira
Arredor das cinco da tarde de onte domingo, acudiu ao areal no seu coche e cun traxe de neopreno para nadar. Así o explicou a súa parella cando, contra as once da noite pasada, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Explicou que trataron de poñerse en contacto con ela vía telefónica, pero sen éxito. Finalmente, decidiron acudir á Praia de Bimbieiro, onde fora nadar, e onde atoparon o seu vehículo, pero sen rastro dela ata que, un anaco despois, localizárona na mesma praia falecida.