viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO País650 prazas esta Semana Santa para coñecer as Illas Cíes e Ons 

650 prazas esta Semana Santa para coñecer as Illas Cíes e Ons 

A Xunta de ofrece rutas guiadas de carácter gratuíto. Delas, preto de 300 poden reservarse xa en liña a través da central de reservas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas mentres que o resto estarán dispoñibles de forma presencial nas casetas de información instaladas nas illas

Estas visitas, dirixidas por guías profesionais do parque nacional, pretenden dar a coñecer entre os visitantes o patrimonio natural e ambiental de ambos arquipélagos así como aspectos destacados da súa historia. Todos os itinerarios, entre os que se inclúen algúns específicos para menores de idade, están pensados para grupos reducidos cos que garantir unha experiencia de calidade e personalizada promovendo ao mesmo tempo a preservación da contorna.

Unha das rutas dispoñibles é Cíes, illa das paisaxes, programada para os días 23, 24, 30 e 31 de marzo tanto en horario de mañá como de tarde. Outra opción é Ons, unha illa de dúas caras, prevista para os días 24, 29, 30 e 31 de marzo ao mediodía.

Nesta liña, o parque nacional ofrece esta primavera de forma complementaria un total de 140 prazas para participar en rutas guiadas polos catro arquipélagos -Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada-, co fin de dar a coñecer entre os visitantes os seus principais valores e singularidades nunha época do ano distinta ao verán e na que, ademais, moitos procesos naturais se poñen en marcha nas illas. As visitas serán de balde e enmárcanse no programa Descubrindo o Parque Nacional.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS