sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeA conselleira Ethel Vázquez pasa a formar parte da Mesa do Parlamento...

A conselleira Ethel Vázquez pasa a formar parte da Mesa do Parlamento de Galicia

"Durante anos foi unha conselleira excepcional, pero, sobre todo, unha magnífica compañeira. Sei que agora o fará tan ben como o fixo no Goberno. Grazas por todos estes anos, Ethel, e polos que están por vir"

Así o anunciaba o presidente en funcións da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda nas súas redes sociais.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións será secretaria primeira do Parlamento de Galicia, polo que deixará o seu posto de conselleira, e repetirán Miguel Santalices como presidente e Elena Candia como vicepresidenta primeira.

Este luns, ás 11.00 horas, comeza a sesión constitutiva da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia, que pode seguir en directo a través da web da institución, www.parlamentodegalicia.gal

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS