Así, ata o pasado ano, esta medida fixo posible a adxudicación de máis de 3 millóns de metros cadrados de solo a 613 empresas, o que supuxo un investimento directo superior aos 850 millóns de euros e a creación de preto de 7.500 postos de traballo.
Asegura que se seguirán desenvolvendo actuacións que permitan dispoñer de 8 millóns de metros cadrados de superficie industrial en 2028 e salienta que o solo público empresarial da Xunta será a custo cero durante os primeiros oitos anos de actividade.