O Comité Clínico que asesora a la Xunta de Galicia na pandemia vén de decidir incluir aos concellos de Ponteareas e ao de Vigo no nivel medio de restricións: a hostalería reduce aforamento.
Deste xeito, a partir de venres 23, os locais da hostalería da cidade de Vigo e os de Ponteareas reducen o seu aforamento ata o 30% da capacidade no interior e ao 50% nas terrazas. Gondomar continúa tamén neste mesmo nivel de restricións do que sae As Neves e Soutomaior. Nestes dous últimos rexerán as limitacións do nivel máis baixo de Sanidade, ao igual que os de mais concellos da bisbarra.
Xunto a Ponteareas e a Vigo, tamén se sitúan Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez, e Ortigueira no nivel medio. Ademais, o comité decide que as medidas do nivel alto rexerán nos concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá, Lobeira, Muiños, Petín, Meira, Ribeira, e Cambre.
A mobilidade continúa sendo plena en toda a comunidade agás nos municipios que se atopan no nivel máximo de restricións, que son O Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras, e Cualedro.
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas de vindeiro venres, 23 de abril.
Mañá mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ofrecerá una conferencia de prensa para que contacte con las decisiones del Comité Clínico.