viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO Centro de Día de Torroso estrea furgoneta adaptada

O Centro de Día de Torroso estrea furgoneta adaptada

Para a súa compra contou co apoio da consellería de Política Social e da Fundación La Caixa

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, achegáronse ata o Centro de Día ‘O Son do Regueiro’ en Torroso, onde veñen de recibir a nova fugoneta adaptada ás necesidades de persoas con mobilidade reducida para desprazamento de usuarios e usuarias do Centro.

Os representantes municipais , estiveron acompañados por persoal do Centro de Día e por dous representantes de La Caixa, entre eles o director da oficina do Porriño, pois a Fundación La Caixa aportou 10.000 euros para a compra da devandita furgoneta.

A adquisición do vehículo foi posible tamén grazas a unha axuda autonómica da consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia que ascende a 15.000 euros. O importe restante ata o total dos 36.000 euros que valeu o automóbil financiouse con fondos propios de ‘O Son do Regueiro’.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS