O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, explicou este xoves que a Xunta “vai licitar” no prazo dun mes “as obras para humanizar a sala de espera de Oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago de Compostela” co obxectivo de que as novas instalacións estean operativas ao longo deste ano.
Tal e como explicou, a nova sala de espera do hospital compostelán “servirá de modelo” para as próximas melloras que se acometan en Ferrol, Vigo e Ourense e que beneficiarán anualmente un número potencial de máis de 10.000 persoas, ás cales se suman familias e achegados que as acompañen