O obxectivo é formar e informar na prevención de condutas aditivas. A actividade, ofrecida pola Asociación Érguete, está enmarcada dentro do programa “Máis que un teito” da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas no eido local, creada en xaneiro de 2023 e que prestan conxuntamente os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.