A indemnización pagarana, de forma directa, as aseguradoras e, subsidiariamente, o Servizo Galego de Saúde (Sergas). O xuíz entende que o traumatólogo que realizou a intervención, xustificada porque padecía escolioses con dobre curvatura, incorreu nun delito de lesións cometidas por imprudencia menos grave, polo que lle impuxo o pagamento dunha multa de 5.400 euros, pois considera probado que colocou “un elevado número de parafusos de maneira incorrecta nos pedículos vertebrais”.
Na resolución, salienta que non se cuestionou nin a necesidade da operación nin que o Chuac era o centro adecuado para iso, á vez que destaca que nos protocolos deste tipo de operacións non se prevé un TAC preoperatorio da columna, tal e como defendeu a acusación particular, polo que descarta que a súa omisión constitúa “imprudencia algunha”.
Con todo, o maxistrado asegura que, obxectivamente considerada, “esa defectuosa técnica de instrumentación, claramente superadora da media de posicionamentos defectuosos en operacións similares, é reveladora dunha imprudencia, polo menos de carácter menos grave”.