Días despois do aviso da protectora reciben outro por uns cachorros deambulando pola PO-340, zona na que localizan tamén a un morto a pé da estrada.
Próximo a esta zona reside o veciño en cuestión, que ten animais en condicións hixiénico sanitarias moi deficientes, polo que acoden a súa vivenda e observan, dende o exterior, a cinco cachorros de características similares aos abandonados en Valença, que cede voluntariamente o investigado á protectora Aloia de Tui.
Con esta denuncia por parte da protectora, a Patrulla de Seprona de Tui, realiza inspección sobre as condicións nas que se atopan os animais localizados en varios alpendres do domicilio do investigado, quen accede a mostrar aos gardas o lugar onde se atopan. É entón cando se comproba que todos os animais que posúe están nunhas condicións hixiénico sanitarias deficientes, con gran acumulación de esterco e zonas inundadas por auga.
Investigado un veciño de Tui por abandono e maltrato animal
A alarma salta logo do aviso da protectora de animais de Valença do abandono de tres cachorros por un vehículo con matrícula española