domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia, líder na escolarización de 0 a 3 anos

Galicia, líder na escolarización de 0 a 3 anos

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, puxo en valor o investimento do Goberno galego de 60 millóns de euros durante este ano que garante que Galicia sexa o “único lugar de toda España” onde se ofrece a gratuidade de todas as escolas infantís 0-3 anos, co que cada familia aforrará uns 2000 euros anuais por fillo.

De feito, grazas a este esforzo, a Comunidade é hoxe líder en escolarización neste tramo de idade, cunha taxa do 56,4 %, 10 puntos por riba da media estatal.

Rueda fixo fincapé neste “esforzo importante” por parte da Administración autonómica durante a súa visita este mércores á escola infantil do municipio coruñés de Coristanco, acompañado pola conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS