lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasBaixo Miño"Estamos dando pasos continuos para o polígono da Guarda-O Rosal"

«Estamos dando pasos continuos para o polígono da Guarda-O Rosal»

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explica que «non hai datas para o polígono industrial, pero entendo que é inmediato»

Falamos nos informativos locais e comarcais co alcalde da Guarda sobre o polígono compartido, que se situaría nas parroquias de Gándara da localidade e de A Cunchada no Rosal, no límite de ambos concellos, que atraia investimentos tanto de Galicia como de Portugal.

Este venres a xerente de Chan Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, desprazouse ata á Guarda co fin de analizar co alcalde, Antonio Lomba, máis coa rexedora do Rosal, Ánxela Fernández, as posibilidades de retomar o polígono supramunicipal. Sestayo na reunión compromeu o máximo esforzo xa que dispon dun proxecto sectorial e de 45.000 metros cadrados de terreo, adquiridos cando se expuxo a área empresarial en 2004.

Non é a primeira xuntanza que manteñen os rexedores coa xerente  aínda que si a primeira presencial. Non se falou de datos nin de prazos pero o alcalde, antonio lomba, entende que é inmediato e que é cuestión de facer as memorias para estudar as empresas e a viabilidade tal e como o explica aquí nos informativos locais e comarcais de Si Radio.

Con todo, insiste Lomba en que cómpre mellorar as comunicacións e sobre as posibles empresas que poidan instalarse estas é posible que pertenzan ao sector pesqueiro, ao procesamento de alimentos ou á automoción. Con todo, Lomba prefiere agardar ao estudo.

Escoita aquí a conversa completa

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS