viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasA Xunta inviste máis de 60.000 euros en melloras de instalacións municipais...

A Xunta inviste máis de 60.000 euros en melloras de instalacións municipais no Porriño

Reparouse e ampliouse o parque infantil en Torneiros, e instalouse climatización no centro cívico

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou a localidade para coñecer diversas melloras executadas en 2023 ao abeiro das liñas de axudas ao eido local.

Investimento de case 800.000 euros
Ademais destas axudas, o Concello do Porriño recibiu o pasado exercicio máis de medio millón de euros do fondo base do Fondo de Cooperación Local. Nos últimos anos, o apoio do Goberno galego a diferentes actuacións no marco de distintos convenios e das liñas de axudas a infraestruturas e melloras ambientais sumou preto de 800.000 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS