jueves, noviembre 21, 2024
InicioO PaísA Coruña90 novas vivendas protexidas de promoción pública na Coruña

90 novas vivendas protexidas de promoción pública na Coruña

A Xunta de Galicia prevé iniciar antes do verán a construción de 40 e lanzar a licitación doutras 50 no barrio coruñés de Xuxán

Así o destacou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, durante o acto de entrega de dúas VPP neste barrio que quedaran vacantes como consecuencia da renuncia dos seus adxudicatarios iniciais.

A previsión do Executivo galego é construír 1.600 vivendas protexidas -de promoción pública e privada- no barrio de Xuxán. Delas, 500 dependen dun cambio de uso dos terreos -de terciario a residencial- que ten que realizar o Concello modificando o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS