A vindeira fin de semana, 16 e 17 de marzo, a compañía realizará traballos de axuste e adaptación dos sistemas de electrificación, en concreto, a reubicación dos postes de catenaria, no punto no que este novo trazado de alta velocidade conecta coa rede ferroviaria convencional. Estas obras non son compatibles coa circulación, o que obriga á suspensión do tráfico ferroviario entre Ourense e Taboadela durante ámbolos dous días.
A empresa ferroviaria despregou un plan alternativo de transporte para garantir a mobilidade dos cidadáns.