A Unidade de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) desprazouse ata a zona cun equipo de iluminación, aínda que o caudal do río e o difícil acceso a este fixeron que houbese que retrasar o rescate.
Así, desde primeira hora desta mañá, un equipo dos GEAS da Garda Civil e outro equipo da Unidade de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (GALI) atópanse no punto para colaborar co resto de equipos de emerxencias na recuperación do cadáver.
O corpo foi recuperado sobre ás 10.00 horas desta mañá. As forzas da orde tratan de esclarecer as causas do achado e a identificación do cadáver.