sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidade60 accidentes e tres falecidos nas estradas galegas a fin de semana

60 accidentes e tres falecidos nas estradas galegas a fin de semana

Unha moza de 19 anos de Mondariz perdeu a vida logo de saírse da vía co seu coche en Ponteareas, un septuaxenario falece ao ser atropelado en Arzúa mentres cruzaba a N-547 ao igual que outra muller en Bertamiráns.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana (das 15.00 horas do venres 8 ata as 23.59 horas do domingo 10) 82 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas.
A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55% e do 45% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 36% dos atendidos tiña entre 30 e 44 anos.
Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que máis sinistros rexistraron con 25 accidentes de tráfico cada unha, en Lugo 7 e en Ourense 3.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS