domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísA CoruñaA Xunta avanza na ampliación do polígono da Sionlla

A Xunta avanza na ampliación do polígono da Sionlla

O obxectivo é que a finais do próximo ano se poidan sacar a concurso as parcelas industriais do futuro ámbito e impulsar en paralelo a súa urbanización, coa licitación das obras correspondentes.

Tras reunirse na sede do Biopolo da Sionlla cunha ampla representación da Asociación Área Empresarial do Tambre, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, confirmou que o seu departamento traballa para desenvolver o antes posible o SUND 29, cunha superficie de 407.500 metros cadrados e nunha zona contigua ao parque existente pero separados pola AP-9.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS