lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsSucesosInvestigado un mozo de Caldas de Reis polo furto dun tractor e...

Investigado un mozo de Caldas de Reis polo furto dun tractor e varias ferramentas

A Garda Civil recupera tamén unha motoserra e unha máquina hidrolavadora, dos cales buscan o dono

Os roubos producíronse o pasado mes de xaneiro, nunha mesma vivenda, a escasos 800 metros de onde reside o presunto autor que levou consigo diversas ferramentas e un tractor valorado en 20000 euros.
O vehículo agrícola foi localizado abandonado nunha zona forestal entre a maleza en Moraña, sendo recuperado e posteriormente devolto a seu propietario.
Tras continuar cas xestións para o esclarecemento destes feitos, os axentes descobren a identidade do suposto autor, un veciño de 33 anos, cun amplo historial de antecedentes similares, a quen finalmente conseguen localizar, procedendo á súa investigación penal.
Durante a investigación, recupéranse ademais varios obxectos de dubidosa procedencia, dos que non se puido ata o de agora coñecer a súa titularidade. Neste sentido, dende a Garda Civil solicítase colaboración cidadá para
localizar aos lexítimos propietarios dunha motoserra eléctrica e dunha máquina hidrolavadora a presión, as cales puideron ser subtraídas nalgún outro feito criminal pola zona.
O investigado quedou en liberdade con cargos, coa obriga de comparecer ante o Xulgado de Instrución Nº 1 de Caldas de Reis cando lle sexa requirido.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS