Este martes constituíuse a Comisión na sede madrileña da Federación de Municipios e Provincias celebrándose unha primeira xuntanza con orde do día a elaboración do Plan de traballo a seguir para os vindeiros tres anos e a confección do calendario de reunións e acordos a levar a cabo.
Un dos principais obxectivos desta Comisión será traballar para impulsar as políticas locais que promovan, protexan e aseguren a garantía dos dereitos das persoas con discapacidade.