Galegas e galegos de calquer idade poderán solicitar coa un test de saliva para confirmar ou destacar se son positivos de COVID-19. É un acordo ao que chega a Xunta cos colexios farmacéuticos; está aceptado en Pontevedra, en implantación na Coruña e en negociación para Lugo e Ourense.
O delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, Luis López:
Anunciouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa intervención no Parlamento galego: “Poñer unha proba PCR a disposición da cidadanía sempre que o precise” nas boticas. Para iso, «renovamos o convenio co Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, continuaremos co da Coruña, xa iniciado, e temos intención de seguir con Lugo e Ourense», explicou.
O test de saliva solicítase a través da tarxeta sanitaria e os menores de 16 anos precisan autorización dos seus pais ou titores.
A través deste convenio coas farmacias, realizáronse 41.332 probas, das que 79 resultaron positivas.
Actualmente, en 339 boticas da provincia de Pontevedra efectúase o cribado para mozas e mozos de 12 a 17 anos.
Ao testar a este grupo de idade de educación secundaria, Sanidade pretende frear os contaxios nos institutos, logo das vacacións de Semana Santa, e así a posible transmisión aos maiores cos que convivan no domicilio.