A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, fixo este luns unha valoración do paro rexistrado e dos datos de afiliacións á Seguridade Social:
Galicia é a cuarta comunidade na que máis cae o paro en febreiro
A cifra de desemprego (130.583) é a máis baixa nun febreiro de toda a serie histórica (1996) e cae na evolución anual (-9,38%) e na mensual (-0,40%), ao tempo que creceron as afiliacións nas dúas comparativas