A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, enmarca o éxito do programa, creado en 2021, no compromiso municipal co fermosismo e salienta que, por cuarto ano e unha vez pechado o prazo para a presentación de solicitudes, se volverán esgotar os fondos da convocatoria.
50 concellos reciben axudas para rematar co feísmo urbanístico
A Xunta concederá este ano axudas por un importe global de 1 millón de euros a medio cento de concellos galegos para financiar ata o 70% de obras e actuacións que contribúan a mellorar a imaxe exterior de edificios públicos, equipamentos e outros elementos e instalacións de titularidade municipal, reducindo deste xeito o impacto paisaxístico que causan sobre a contorna