Estes novos depósitos de auga permitirán a carga de vehículos e helicópteros durante a extinción de incendios forestais, o que contribúe a diminuír, na medida do posible, os tempos de desprazamento dos equipos, ademais de mellorar a eficacia do traballo destes medios.
Tres deles, os de Filgueira e Ameixeira na localidade de Crecente e o de Taboadexa en Mondariz, supoñen a substitución de antigos depósitos, que polas súas condicións necesitaban ser renovados. Ademais, no de Ameixeira a obra inclúe a mellora da pista na que se atopa, diminuíndo aínda máis os tempos de desprazamento e reacción.
A Xunta constrúe cinco puntos de auga para a prevención de incendios forestais
Localízanse no Distrito Forestal XVII das comarcas do Condado e A Paradanta, nos concellos de Ponteareas, Crecente, As Neves e Mondariz