viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsSucesos22 anos e medio de cárcere para o veciño de Oroso que...

22 anos e medio de cárcere para o veciño de Oroso que estrangulou a súa nai e incendiou a casa

A Sala do Civil e Penal do TSXG vén de confirmar a condena que a sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, lle impuxo a este home polo sucedido en xuño de 2021

O acusado foi considerado culpable dun delito de asasinato, concorrendo a circunstancia de aleivosía, e dun delito de incendio con risco para a vida ou integridade física das persoas, de menor entidade, concorrendo a circunstancia atenuante de reparación do dano.

Na sentenza, confirmada agora polo alto tribunal galego, considérase probado que o condenado aproveitou que a súa nai estaba na cama para asfixiala utilizando unha peza de roupa, probablemente unha camiseta, que enrolou no seu pescozo e apertou, durante uns minutos, ata causarlle a morte. Tras acabar coa vida da súa nai, segundo a resolución, procedeu a prender lume ao domicilio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS