A Deputación de Pontevedra acaba de publicar o primeiro aviso fitosanitario deste 2024 advertindo da aparición das primeiras esporas de mildio. A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da institución provincial, recomenda, tendo en conta que as previsións meteorolóxicas son similares para os próximos días, iniciar o tratamento en canto broten as viñas e facelo, especialmente, naqueles predios máis afectados pola patóxeno na campaña anterior.
Advirten da aparición das primeiras esporas de mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda iniciar o tratamento antimildio en canto as viñas estean ben brotadas