sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasMos impulsa o Plan Ghatiñ@s

Mos impulsa o Plan Ghatiñ@s

Trátase dun Plan Municipal de Control e Xestión de Colonias Felinas que viven na rúa, co fin da súa protección e control poboacional, evitando así problemas medioambientais e de salubridade como cheiros, sucidade e presencia de plagas de pulgas

A posta en marcha deste Plan xurde da demanda veciñal e da detección da proliferación de colonias felinas de gatos rueiros sobre todo en cinco das dez parroquias mosenses (Sanguiñeda, Petelos, Tameiga, Louredo e Mos). Así, iniciado o procedemento de localización e contabilización das mesmas, ata o momento xa se detectaron alomenos sete colonias, que suman un total de 106 gatos.
Para proceder ao control e xestión destas colonias, desde o Concello de Mos procederase á adxudicación dun servizo veterinario para adquisición de pienso para alimentación, cirurxías urxentes de gatos/as abandonados, así como adquisión de transportíns para traslado dos gatos. Servizo veterinario que se complementará coa castración de gatos abandonados a través do CAAN da Deputación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS