lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísTest de saliva para adolescentes en 388 farmacias de Pontevedra

Test de saliva para adolescentes en 388 farmacias de Pontevedra

Desde este luns, 388 farmacias da provincia de Pontevedra entregan test de saliva para mozos e mozas de 12 a 17 anos para tratar de localizar casos asintomáticos de COVID-19 nestre grupo de idade.

No caso das mozas e mozos de menos de 16 anos deberán ser os seus pais ou titores legais quen o soliciten.

Na provincia de Pontevedra hai 52.000 menores nesta franxa de idade. Esta proba solicitarase nas farmacias adscritas a este programa de cribado, en total 388 en toda a provincia de Pontevedra. A duración da campaña dependerá da demanda que teñan os test.

Para detectar os positivos empregarase o método do pooling. Nos cribados anteriores feitos nas farmacias, participaron preto de 41.000 persoas con idades entre os 40 e os 64 anos solicitaron esta proba, coa que se detectaron 76 positivos asintomáticos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS