sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasO arlequín urbano máis famoso do mundo estará en Mos e Nigrán

O arlequín urbano máis famoso do mundo estará en Mos e Nigrán

Karcolcha volve ao Val Miñor, o domingo 17, e estréase na Louriña, o sábado 16

O Concello de Nigrán repite este ano a experiencia de gozar in-situ deste mimo chileno que acumula máis de dous millons de seguidores nas redes sociais. O artista Gerardo Castro, quen o pasado 9 de setembro estivo no paseo marítimo de Patos tamén a través do Concello de Nigrán, aparecerá para ‘liala’ nesta ocasión na contorna do parque infantil de Lourido, en Praia América, e será o domingo 17 de marzo sobre as 17.30 horas.

O día antes, o sábado 16, ás 18.00 horas Karkocha chegará á Avenida de Puxeiros coa súa peculiar e rechamante indumentaria, coa súa maquillaxe e con esa voz que tanto lle caracteriza. Formará parte da programación municipal do Programa Ocio en Familia do Concello de Mos. Así o anunciaron esta maña a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a edil responsable do departamento de Participación, Julia Loureiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS