lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcas"Solicitamos a implicación dos institutos para que os mozos acudan ao cribado"

«Solicitamos a implicación dos institutos para que os mozos acudan ao cribado»

A presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo, explica en que consiste o cribado aos adolescentes na provincia

Comeza hoxe o cribado poboacional nas farmacias da provincia de Pontevedra a adolescentes entre 12 e 17 anos co fin de detectar persoas asintomáticos en COVID-19. O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra pon en marcha unha nova campaña, xunto coa consellería de Sanidade, para cribar, mediante a técnica do pooling a máis de 51.000 mozos e mozas que non cumpren ningún criterio de exclusión.

Soutelo explica en Si Radio que a metodoloxía é moi similar á do cribado anterior coa diferenza de que o  consentimento informado dos menores de 12 a 15 anos ten que asinalo un dos  seus pais ou o titor e, por iso, non é necesario que os nenos vaian á farmacia, senón que  pode ir só a persoa que asine o consentimento levando a tarxeta sanitaria  do neno ou da nena. Os mozos de 16 e 17 anos só terán que ir se deciden asinalo eles  mesmos. Pedirán a implicación dos colexios e insitutos para concienciar aos rapaces para que fagan estas probas.

Para escoitar a entrevista completa preme aquí:

 

 

Nas comarcas hai farmacias adheridas en todos os municipios do Condado, da Paradanta, da Louriña, da Área Metropolitana, do Baixo Miño e do Valmiñor. 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS