Un mozo resultou ferido de consideración esta mañá nunha zona de monte de Ponteareas despois de caer da bicicleta que manexaba, no lugar de Ganade.
O 112 Galicia recibiu a alerta da situación do home ás 10:00 horas, a través dun compañeiro do ferido.
Axiña, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao mozo e no que foi evacuado ao Hospital da Coruña.
Ademais, para prestar apoio ao equipo médico desprazado na aeronave, desde o CIAE 112 Galicia alertouse á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.