Recibíronse 1.042.053 chamadas, das que unha de cada catro acaba por converterse en incidencia.
Factores coma a intensidade dos episodios de meteoroloxía adversa e as emerxencias derivadas destes inflúen directamente sobre o número de avisos recibidos no centro. Á súa vez, isto tradúcese nun incremento das incidencias xestionadas, que manteñen unha proporción similar ao ano 2022: unha de cada catro chamadas acaban por converterse en incidencia. Cómpre sinalar que, en moitos dos casos, diversos alertadores contactan para informar dos mesmos feitos.